Ir al contenido principal

Entradas

A Nena e o Grilo máis aló en Pontevedra

O día 3 de decembro acudimos ao teatro A Fundación de Pontevedra para ver a obra A Nena e o Grilo máis aló, de Magín Blanco. Pasamos unha mañá moi divertida.

Comezamos de novo co programa Revitaliza

Igual que o ano pasado Antón, do programa Revitaliza pasouse polo centro para poner en marcha o composteiro e explicar como funciona e que beneficios ten esta práctica que se está a implantar no noso concello. Velaquí algunhas fotos.

Visita de Asorvigo

A Asociación de Xordos de Vigo (ASORVIGO) está a desenvolver unha campaña de concienciación e visitounos o venres 15 de novembro. Durante a sesión, vimos as diferentes dificultades ás que se enfrontan diariamente e como as superan. Tamén nos amosaron alguns signos básicos para comunicarnos con persoas xordas.

Día mundial da Diabetes

O pasado xoves 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes. Debido a este motivo, fixemos un mural e tivemos ao día seguinte, unha sesión de contacontos con Raquel Queizás.