Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

Comezamos de novo co programa Revitaliza

Igual que o ano pasado Antón, do programa Revitaliza pasouse polo centro para poner en marcha o composteiro e explicar como funciona e que beneficios ten esta práctica que se está a implantar no noso concello. Velaquí algunhas fotos.

Visita de Asorvigo

A Asociación de Xordos de Vigo (ASORVIGO) está a desenvolver unha campaña de concienciación e visitounos o venres 15 de novembro. Durante a sesión, vimos as diferentes dificultades ás que se enfrontan diariamente e como as superan. Tamén nos amosaron alguns signos básicos para comunicarnos con persoas xordas.

Día mundial da Diabetes

O pasado xoves 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes. Debido a este motivo, fixemos un mural e tivemos ao día seguinte, unha sesión de contacontos con Raquel Queizás.

Magosto

O venres 8 festexamos o Magosto no colexio. A pesar do mal tempo de toda a semana, estivo un día soleado que nos permitiu celebralo no patio. Fixemos tamén unhas cestiñas para as castañas asadas. Aquí unha mostra do ben que o pasamos tanto os de segundo como os de primeiro.

Imos á exposición "O sonoro empeño"

O mércores 6 de novembro, 1º e 2º de primaria, realizamos unha saída a Vigo, á sede A Fundación para desfrutar da exposición "O sonoro empeño". Esta é unha mostra de que a pintura e a música poden estar moi vinculadas.