Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

Comezamos o terceiro trimestre

Aínda que as circunstancias nas que nos atopamos sexan un tanto especias, non impiden que continuemos traballando nas nosas casas. Velaquí unha mostra dos carteis que fixo o alumnado de primeiro para darnos folgos.     Xa que nos atopamos na primavera, decoramos as nosas casas para a ocasión. Ainda quedaron un par de entradas do segundo trimestre no tinteiro. Vrelaquí algunhas fotos dos osos perezosos que fixemos, así como dos crocodilos. Comezamos este mes de maio celebrando a festa do mesmo nome dun xeito peculiar. Aínda que en miniatura e cos materiais que cada un podía conseguir, quedaron uns maios estupendos. O covid-19 non nos para, e seguimos co noso proxecto de culturas do mundo. Imos cara África, a un país moi interesante, Tanzania.

Seguimos traballando na casa

A pesares de que estamos separados por culpa do virus, seguimos traballando día a día nas nosas casas. Nesta entrada exporemos os nosos traballos para que o resto de rapazas e rapaces os vexan. Velaquí unhas cantas anacondas do noso proxecto sobre Brasil. En continuación do proxecto, tamén traballamos sobre as ras dardo, un anfibio moi interesante. Logo das ras, viñeron moitas pirañas. Bruno déixanos unha mensaxe que seguro nos alegra o día Niara e as cousas de Niara.    Velaquí como tamén traballamos as matemáticas na casa.