Hoxe tivemos unha charla para aprender algo máis da lingua de signos. Xa sabemos os xestos para algunhas expresións e incluso como deletrear o noso nome.
Por Samaín, ademais de disfrazarnos de cousas terroríficas, estivemos investigando as orixes da festa e de como se celebra polo mundo. Velaquí o resultado. Tamén tivemos unha sesión de contacontos de medo na biblioteca. Pasámolo moi ben.
Malibú é unha cadela abandoada que foi acollida pola Granxa Xanceda. Hoxe visitou o noso centro para falar de que as mascotas non son un xoguete nin un capricho, e que debemos coidalas como se merecen.