O pasado 24 de febreiro foi o Día de Rosalía. Tivémolo que conmemorar uns días máis tarde xa que había vacacións de entroido. Este ano o tema era Rosalía e a Emigración.
Este ano e por mor do proxecto de centro, cada curso decidiu disfrazarse de algunha das culturas que traballamos. No caso de 1º e 2º e elección foi México. Como tódolos anos, cantamos no palco e comemos doces típicos do entroido. Velaquí unha mostra.
Este día 19 visitamos con motivo da participación do centro no programa Revitaliza, o composteiro comunitario. Logo da actividade de posta en práctica do composteiro, acudimos ao que o concello ten instalado a carón de Reibón.